Os traballos para a redacción do proxecto de novo Estatuto están divididos en diferentes comisións formadas por expertos en cada tema.
Cada área ten un coordinador que se encarga, xunto co resto do seu equipo, de facer unha análise da situación actual, fixar os obxectivos aos que se aspira nesta materia e elaborar unha serie de recomendacións aos lexisladores que posteriormente se concretarán nun texto articulado.
Tanto os coordinadores coma os membros do seu equipo son persoas de acreditada experiencia e sabedoría nas áreas que dirixen. Sen embargo o seu traballo non é pechado, senón que agardan as achegas da sociedade que poidan enriquecer calquera das ponencias. Poden participar tanto asociacións implicadas en cada tema como persoas individuais que desexen achegar o seu coñecemento de cara a crear un novo marco legal que favoreza o desenvolvemento do noso país e a adaptación aos novos tempos.
Documentos