Foro Novo Estatuto

En 3 ideas

Resumímosvos en tres ideas claras o porqué de estarmos aquí e de traballarmos por un novo proxecto de Estatuto que se adapte aos novos tempos e á nova Galiza que construímos entre todos e todas.

 

FAQ

Por que un novo Estatuto?

Porque necesitamos un novo marco legal que nos permita decidir sobre os nosos propios asuntos nun escenario político global. O actual Estatuto xa non abonda para afrontar os novos retos da Galiza do século XXI e precisamos un importante avance no autogoberno que nos dea presenza en Europa como unha nación moderna e aberta ao mundo.

Un novo Estatuto non será a panacea que nos solucione todos os problemas, pero si que é unha ferramenta básica non soamente para acadar máis competencias e máis poder político, senón tamén para ilusionar os galegos e as galegas nun proxecto común, para darlle un impulso emocional que faga espertar un novo país consciente das súas posibilidades.

O futuro é unha tarefa que depende de nós, de todos e de todas.

Subir

Por que agora?

Porque o actual Estatuto xa leva vixente 23 anos, é dicir, existe toda unha xeración de galegos e galegas que non o votou. E por moito que naquel momento fora unha conquista dados os condicionantes políticos da época, hoxe rebélase insuficiente. Xa non hai os medos á involución e as reservas de todo tipo que existían a comezos da democracia e o pobo galego de hoxe ten madureza abonda para decidir como encarar o seu futuro e como relacionarnos cos demais pobos do Estado e de Europa.

Xa que logo, consideramos que case un cuarto de século é tempo abondo para revisar aquel documento de convivencia, sobre todo nun momento no que está tamén en revisión a Constitución e os estatutos doutras nacionalidades históricas.

Subir

De onde xorde o Foro?

O Foro polo Novo Estatuto xorde inicialmente como unha proposta do Bloque Nacionalista Galego, que lle encarga a un grupo de intelectuais independentes -e non ligados á súa estructura orgánica- a elaboración dun borrador para a creación dun novo "estatuto de nación", que tamén servirá como reflexión sectorial sobre o modelo de país para o futuro.

A intención é abrir un proceso de debate no seo da sociedade galega e que sexa ela mesma a protagonista na elaboración das propostas, dándolle voz non só a este grupo de expertos sectoriais, senón tamén a calquera persoa que desexe participar no proceso.

Subir

En 3 ideas
Procedemento de traballo
Marco

 

Faq
Documentos

© 2004, FORO NOVO ESTATUTO